-
O país invisible: Arturo Lezcano presenta en Bruxelas o seu libro sobre a epopea atlántica da diáspora galega

A Asociación Cultural Couto Mixto de Bruxelas organiza o vindeiro 29 de xaneiro ás 18:30 horas a presentación do libro O país invisible, do xornalista e escritor coruñés Arturo Lezcano. O evento terá lugar no Parlamento Europeo (sala ASP 1G3), polo que require inscrición previa, e contará coa participación da eurodeputada do BNG, Ana Miranda.…
